Descubre esta acolledora casa independente situada en Boel, na parroquia de Santalla, no concello da Ribeira de Piquín, un lugar ideal para quen busca tranquilidade, natureza e independencia sen renunciar ás comodidades.
A vivenda, de 174 m² construídos, distribúese en dúas alturas e inclúe un anexo pegado á casa, actualmente destinado a almacén para ferramentas e maquinaria, o que engade un valor funcional moi interesante.
Na planta baixa atopamos unha práctica e moderna zona aberta de cociña e salón, perfecta para o día a día, ademais dun dormitorio e un baño completo. Dende esta planta accédese directamente ao xardín, un espazo exterior completamente delimitado que ofrece intimidade e múltiples posibilidades de uso. Neste xardín tamén se sitúan a caldeira e o depósito da calefacción.
No andar superior distribúense tres dormitorios adicionais, un baño completo e unha antiga cociña que, tras a rehabilitación da planta baixa, pode destinarse a sala de estar, despacho ou zona de lecer segundo as necesidades. Destaca especialmente a ampla galería, moi luminosa, desde a que se poden gozar unhas vistas impresionantes do entorno natural.
Situada no medio do pobo, esta propiedade combina a comodidade de ter veciñanza coa sensación de independencia e tranquilidade, converténdose nun fogar perfecto tanto como residencia habitual como segunda vivenda.
A vivenda atópase inscrita no Rexistro da Propiedade, libre de cargas e con todos os suministros dados de alta. Conta ademais coa instalación eléctrica recentemente renovada e sistema de calefacción de gasóleo, o que garante confort e eficiencia durante todo o ano.
Unha oportunidade única para vivir nun entorno rural auténtico, con espazo, privacidade e encanto.
174 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.