Inmobiliaria

Casa San Estebo de Pol (Pol)

Descrición xeral breve

O fogar que che permitirá soñar.

No corazón de San Estevo de Pol agárdate esta fermosa casa de pedra, dun s328 metros cadrados construídos, lista para entrar a vivir, onde a tranquilidade, a natureza e a calidade de vida conviven á perfección. Unha vivenda única, rodeada da paz que só o rural galego sabe ofrecer, pero coa comodidade de ter todos os servizos a poucos minutos, exactamente a 3 km de Mosteiro, 10 km de Meira e 25 km de Lugo.

Distribúese en dúas plantas con cociña, lavandaría, dous baños completos, tres dormitorios, un despacho e unha ampla estancia sen rehabilitar, perfecta para converter no salón dos teus soños e darlle o teu toque persoal. No exterior conta cunha parcela arredor da vivenda e outra situada enfronte que sumadas computan un total de case 3000 metros cadrados, no cal se atopa un alpendre destinado a garaxe.

Ademais, a casa está inscrita no Rexistro da Propiedade, dispón de subministración eléctrica, conexión de residuos e auga da rede municipal, polo que só terás que abrir a porta e comezar unha nova etapa.

Se sempre soñaches con espertar co son dos paxaros, respirar aire limpo, gozar da túa propia horta, ver medrar aos teus fillos nun entorno seguro ou simplemente atopar un lugar onde desconectar do ritmo acelerado do día a día, esta é unha oportunidade única.

Porque ás veces mercar unha casa non é só cambiar de enderezo, é cambiar de vida.

328 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.